O prazo de inscrición para as ACTIVIDADES DE VERÁN 2018 inicia o 13 de xuño


ACTIVIDADES DE VERÁN 2018

O 13 de xuño de 2018 abre o prazo para inscribirse nas Actividades de Verán 2018 que nos Centros Cívicos do Concello de Ourense organizará a Concellería de Asuntos Sociais, para nenos e nenas que cursaran Infantil e Primaria no ano escolar 2017-18.

Este verán búscase fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socioeducativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de dereitos da infancia. Trátase de promover que os menores se convirtan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e o seu entorno. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.




PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS

O programa de actividades que a Concellería de Asuntos Sociais desenvolve nos cinco Centros Cívicos ao longo do ano ten por obxectivo ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas. Os programas elaborados, que son gratuítos, teñen carácter cultural e social e procuran o crecimento integral dos veciños e veciñas.



PROGRAMA DE ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS PARA NENAS E NENOS

O programa de Actividades para nenos e nenas pretende ofrecer unha alternativa de ocio activo e de calidade para nenos e nenas que ademais aprenden a relacionarse convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. As actividades buscan tamén servir como apoio na conciliación da vida familiar e laboral e son gratuítas.



PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

A Concellería de Asuntos Sociais vén desenvolvendo dende hai anos o Programa de Envellecemento Activo que consiste nunha serie de cursos e actividades gratuítas de ocio e tempo libre para as persoas maiores de 60 anos do municipio, (actividades de exercicio físico, mantemento e deportivas, tanto en espazos pechados como en espazos públicos ao aire libre destinados a tal fin; artísticas, cognitivas, de estimulación da memoria, informáticas, etc ). A realización destas actividades encoméndase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.




Actividades Asuntos Sociais